7/07/2007

Visita á Caverna

Onte leváronnos a visitar The Cavern que, a parte dun nome chungo de peli de terror adolescente é o lugar onde se atopa (a 100 m de profundidade) o detector no que eu traballo e ao que me adicarei, en principio, os próximos 4 anos de doutorado: LHCb.
Descripción das miñas impresións: palabras rematadas en "-ante". O sitio é realmente acojonante. E iso que este detector non é o máis grande (hai dous maiores que visitarei máis adiante). É impresionante a súa complexidade en tódolos aspectos: físico, arquitectónico, electrónico,... Eu visto o visto penso que se podería definir o que hai entre mans aquí como practicamente o culme do saber humano actual. Non sei, para min foi abraiante, asegúrovos que estiven todo o rato coa boca aberta sacando fotos a manchea! E evidentemente tamén había unha compoñente persoal en canto o que estaba vendo está moi relacionado co meu traballo futuro.
Comezo cun esquema do detector, para que teñan algo máis de xeito as fotos posteriores, e logo fago algún comentario explicativo:


Non me meto a dicir nada das partes, so comento como vai a cousa. Esta é unha visión lonxitudinal do detector. Un protón chega polo lado esquerdo da imaxe xustamente polo centro (onde está o tubiño negro) e un outro protón polo dereito á mesma altura. E todo se dispón exactamente para que colisionen onde pon "Velo Locator". Logo todo o que está detrás en coloríns é para analizar e detectar o que sae do choque (que son unha morea de partículas).
Paso ás fotos. Como comprenderedes non se ve demasiado por diversos motivos: non había unha gran cantidade de luz (estamos a 100 m abaixo) , non había sitios desde os cales tomar visións xerais, a cámara non vale moito, e derradeiro pero máis importante: o fotógrafo era eu e aínda por enriba emocionado...
Esta primeira é na que me parece que se ve unha mellor imaxe xeral do mamotreto. Fixádevos que hai andamios (están aínda en obras) pero si se albisca o tamaño da cousa... Ollo, esta imaxe está do revés respecto do esquema: aquí a colisión sucede no lado dereito!



A seguinte é unha especie de túnel por onde baixaron os elementos. Aquí hai 100 m cara arriba! Era bastante ancha porque as pezas son enormes. Nós baixamos por un ascensor paralelo a este túnel. Aproveito para comentar brevemente algúns motivos para ter que face-lo detector tan abaixo. A primeira é que as partículas que chocan proveñen do LHC, que é o que se encarga de aceleralas e ten 27 km de lonxitude. Semellante tocho non ten sitio na superficie, logo non lles quedou máis remedio que metelo baixo terra. Pero é que ademais estamos sendo bombardeados continuamente por partículas procedentes do espazo (a chamada radiación cósmica) que para este experimento é un "fondo" non desexado e que convén eliminar. A única maneira de protexerse dela e irse a estas profundidades.




Esta pareceume interesante porque vese a "beam-pipe" (tubo do feixe). Se vos fixades ben, cara a parte de arriba metida nunha caixa de cristal e vindo desde o fondo da imaxe cara adiante, intúese un tubo negro. Ese é. Por aí van os protóns a velocidades moi próximas á da luz xusto antes de chocar. O Velo está xusto a continuación (á dereita).



E xa por último, a máis caralleira pero que máis vos gustará á maioría para poder rirse á miña conta... Que conste que o casco era obrigatorio!!



Ah! Ademais despois de todo isto déronnos unha pequena paparotiña á xente de LHCb, o que completou unha gran tarde! A noite foi algo peor porque un tipo alicantino algo contento comezou a putearme polo acento galego e a dicir que iamos facer dous equipos de fútbol: un cos que falaban normal e o outro cos que falamos "raro"... enfín, reafirmando a miña ideoloxía ao final!
E hoxe ben, durmín moito, fixen unha super compra en Francia (que está aquí ao ladiño) que case me quedan as mans feitas un cristo... Ah! E fun á piscina... Non é como a praia (para os que me puteades) pero non estivo mal! Iso si, teño que re-aprender a nadar, porque acabei canso de carallo!
E despídome cun "al gusto del consumidor". Nas miñas obrigadas paradas traendo as bolsas da compra pareime a facer as fotos para distinguir Jura e Mont Blanc. Aquí está o macizo de Jura (que xa o di a palabra, é moi macizo)


O termo Xurásico, por certo, ven destas montañas!
Na outra, se vos fixades moi moi ao fondo, vese algo branco semellante a unha nube, pero realmente é neve!!! Pois iso é (aparentemente...) o Mont Blanc. Por outra parte tamén se ve todo o camiño que tiven que facer cargado como un burro camiño de volta a Suíza. Afortunadamente certas palettes bretonas eran unha boa inxección enerxética... Pero dixen que non ía entrar nos detalles!






2 comentarios:

Anónimo dijo...

Boa idea esta do blog, xa a copiarei cando esté eu na NASA dentro duns aniños. Mandalle moitas fotos a Adeva que seguro que lle encanta todo eso, plo menos nas clases está que sae de si mesmo co dichoso LHCb.

Espero que o estes pasando moi ben por eses lares e que uses todo ese italiano que aprendiches comigo e grazas a min, que non tiña nin papa.

Xa saberás que agora eres a envexa de toda a facultade así que merca moitas camisetas e cousas do CERN pra despois dar envexa por toda a facultade.

Un abrazo moi forte e pasao moi ben.

PD: Fala ben de min as rapazas de alí, e se queres traerme algunha...xD

PD2:Xabier, lávate os dentes!! XD

Javi dijo...

Hei tio! xDDD
O outro dia no messenger non podia falar, q estaba en plena videoconferencia... :P
Algo si lle mandei ao Adeva, que el tamen me mandara a min fotos cando estivera aqui!
Sobre o italiano, non te preocupes, que ainda me lembro das palabras fundamentais (e mais repetidas naquela viaxe) "per favore, un gelatto de ciocolatto (e anche de limone per lui)"
Por certo que vos estou facendo publicidade que hoxe ando por aqui coa camiseta do voso paso posta!!! E don't worry, que se non podo comprar algo do CERN xa me 'axenciarei' con algo no que a palabrinha estea escrita...
Outra aperta pa ti tiu!

PD E o "ricardo, lavate los dientes" e intraducibel, como "we are the champions, my friend...."