Hoxe vai de fotos! Tiven unha semana bastante liada, así que actualizo hoxe coas miñas visita de hai 7 días a Xenebra. O resto da semana pódese resumir en traballo bastante fructífero, ir coñecendo a bastante máis xente (estou a facerme coleguilla dun búlgaro), interactuar máis con Jose (o meu supervisor) ... Ah! E unha mellora do tempo! Desde o xoves fixo bo e hoxe tiven calorazo e fomos á piscina! :-D E tamén o feito de ter bici, aínda que so a estea a usar para ir a face-la compra... (o cal simplemente cambia o feito de ir cargado como un burro andando a ir cargado como un burro en bici). Outra novidade é o feito de que xa falei un montón por videoconferencia polo messenger está xenial, así que xa sabedes!
Vale, pois comezo falando da visita cunha foto con bandeiras a modo de presentación... A do medio é a suíza e do paxaro coa chave a do cantón de Xenebra (Suíza é un estado federal divido en cantóns).
Next one pois é da zona vella, que a min si que me molou. Digo isto porque todo o mundo asocia a vila ao lago (ollo, que si é bonito!) pero para min pois esta parte antiga si que ten bastante encanto. Comentade que vos parece polas fotos, e os que tamén estivérades por aquí o mesmo!
Na parte vella está a catedral de Saint-Pierre (protestante, que é un detalle que non sabía). Por fóra é bastante merdas:
Pero por dentro resulta sorprendentemente bonita. Esta decorada cunhas vidrieiras chulísimas, e ten unha capela pintada de xeito moi orixinal. Na foto non se ve, pero ten tamén un par de torres bastante altas ás que se pode subir. E eu, seguindo o meu instinto Vidal de hay-que-subir-a-todo-lo-que-se-pueda alá fun! A vista é moi bonita porque se ve unha gran parte do lago e toda a cidade en xeral. E dos Alpes seguro que tamén hai unha panorámica boísima, pero ese día estaba chovendo e súper cuberto...
Deixando a zona vella, este é outro detallle que me pareceu orixinal, e que poño antes de empezar coas máis clasiconas da cidade. É un reloxo á beiriña do lago pero feito con flores. Eu nunca vira nada así, e sendo horterilla...pois moloume!
E ao fin! O lago. De feito, o que máis chama a atención aos turistas e o que é máis coñecido de Xenebra internacionalmente é a fonte esta que da un chorro bastante alto (supostamente de 140 m, aínda que a min dame que iso é columpiarse bastante...)
Esta é outra vista (desde o alto das torres da catedral) onde se observa a inmesidade do lago Lemán (o máis grande de Europa Occidental) e o tocho que é o chorriño!
O seguinte que me chamou a atención (aínda que si que mo agardaba) foi a influencia galega por todas partes. É fácil atoparse un "Restaurante Compostela" e cousas así, pero non me diredes que non é unha pasada, nunha das principales rúas da cidade, o seguinte:
Pero é que xa non so se trata de influencia económica... Tamén o é cultural!! En bastantes rúas (por algún motivo, da zona vella) víanse os carteliños do camiño de Santiago (se ampliades a imaxe vese perfectamente que pon "Chemin de Saint-Jacques) e xa o que me deixou abraiado foi a peazo vidrieira do Apóstolo que se gastan na catedral!! Por se queda algunha dúbida de se é el, fixádevos no traxe e sobre todo no pucho coa mítica vieira...
E xa para rematar por hoxe (que son as tantas)... É para os/as amantes de chocolate a seguinte foto... A cidade está repleta de chocolateries! Desde logo eu tiven a sorte de ir en domingo e estaban case todas pechadas... Porque senón non sei se tería resistido a tentación! Bueno, pa que negalo (estamos en confianza), non a resistín porque acabei mercando unha tableta pequena (aínda que non nunha chocolatería) Pero non foi exactamente nunha chocolatería, así que aínda me queda ese pequeno capricho...
A bientot!
4 comentarios:
Na Caixa Galicia esa é onde teño as miñas contas secretas en Suiza xD Por certo... ¿Entraches a ver se falan galego? Sería un puntazo.
Pois non puiden entrar porque era domingo! xD
Para os das contas xa me contaron por aqui, que intentaron sobornarte gastronomicamente (en plan "gourmet", nouvelle cuisine) noutros bancos para que cambiases, pero que ti comenzaches a abanear a cabeza e bufar... :-D
Hola!
Moi ben esas fotos rapaz. Por certo, o reloxo si o temos aqui; sendo tan fashion imaxina onde... en La Coru (jejeje) (Non che minto)
Veña, que sigas disfrutando.
si, na coru estara do lado do carallo do seto ese do que ian cortar todalas notas o "L" e medraba nun día por arte de maxia!!
E por certo, o nivel das fotos mellorou, ou!?
Publicar un comentario