Inauguro esta ventá de comunicación para ir contando a todos os que as queirades ler as miñas impresións sobre esta estancia en terras Suizas/Francesas. Antes de nada, para aqueles máis alleos ao mundo da física: http://en.wikipedia.org/wiki/Cern.
Pódese resumir todo dicindo que é como un campus pero so adicado á fisica de partículas (ademais de toda a parte experimental, túnel, etc).
O ano pasado empreguei o mail, penso que o tema do blog pode ser máis interesante porque permite colgar fotos e videos de xeito moi sinxelo!
Isto é como as guías turísticas... Na primeira foto podedes ver a vista nocturna desde a miña habitación. Intúense os alpes, algúns edificios...Pódese resumir todo dicindo que é como un campus pero so adicado á fisica de partículas (ademais de toda a parte experimental, túnel, etc).
O meu día comeza erguéndome as 8 (o cal me causa un tremendo placer, como todos saberedes) para almorzar, ducharse e directo ás charlas. Son xente moi boa aínda que os temas vistos por agora non me resultan tampouco novos. Logo as 12.30 a comer (hai que adaptarse ao horario) e logo para o choio.
O profe trátame moi guai e gústame o que estou a facer, así que, polo de agora, estou contento. Esencialmente trátase de programar en Python para ver que parte do que se está a filtrar no HLT de LHCb (con datos simulados) non debera estar aí. Estou aínda en período de prácticas, así que por agora simplemente me adiquei a facer buscas para sacar distintos parámetros. Para os que lles interese, outro día entro máis en detalle, prometido!
O profe trátame moi guai e gústame o que estou a facer, así que, polo de agora, estou contento. Esencialmente trátase de programar en Python para ver que parte do que se está a filtrar no HLT de LHCb (con datos simulados) non debera estar aí. Estou aínda en período de prácticas, así que por agora simplemente me adiquei a facer buscas para sacar distintos parámetros. Para os que lles interese, outro día entro máis en detalle, prometido!
En todo caso, e como detalle que me molou 1 montón a foto seguinte. É a primeira vez que a miña foto está nun despacho! Xa se me chegan a poñer "Xabier" sería orgásmico, pero foron problemas burocráticos máis que nada... (ficou o nome co que tentara entrar hai un ano, supoño). Ademais podo dicir que cerca deste está o despacho de Jack Steinberger: Nobel de física...
Máis cousas... Pois que atopei xa a 3 coñecidos aquí! Unha é unha rapaza da facultade (a piques de doutorarse), que por certo é neta de Cunqueiro. Estiven hoxe ceando con ela e aínda falamos un rato. Logo un rapaz co que coincidín o ano pasado en Utrecht e outra rapaza coa que estiven en clase en Edimburgo hai dous anos. En xeral falei con moita xente en tódolos idiomas pero non fixen relación con ninguén en particular (aínda que lévome ben cos italianos, que raro...)
Tamén que ao final vai resultar que gañarei pelas, porque non gasto nin moito menos todo o que me dan (a comida é barata e non me está dando por incharme moito!) así que guai...
A habita na que vivo está moi ben, está limpa, teño persiana... INTERNET! So lle falta a ducha, pero xa sabía que non había... Ademais, pa 1 vez a semana.... :p
Deixovos un video cutre que fixen como despedida por hoxe! Voume durmir que senón a miña nai matame (xa ela entende...):
Tamén que ao final vai resultar que gañarei pelas, porque non gasto nin moito menos todo o que me dan (a comida é barata e non me está dando por incharme moito!) así que guai...
A habita na que vivo está moi ben, está limpa, teño persiana... INTERNET! So lle falta a ducha, pero xa sabía que non había... Ademais, pa 1 vez a semana.... :p
Deixovos un video cutre que fixen como despedida por hoxe! Voume durmir que senón a miña nai matame (xa ela entende...):
Un bico a todos!
14 comentarios:
son a primeira? q honor! :)
pois simplemente deixo a miña pegada no teu recuncho
pasarei de cando en cando pra asegurarme de que segues vivo e de que non te esqueces da familia nin das túas orixes (que logo te volves inda máis listiño rodeado de tanto nobel e te nos perdes por terras alleas...)
biquiños e a pasalo ben JAVIER!!
Bueno, bueno, a ver que tal se me da isto de escribir nun blog (é a miña primeira vez!!)
Coñas aparte, a verdade é que un poco de envexa si que das, nun sitio tan importante e rodeado de xente tamén moi importante, seguro que o estás pasando xenial! Ti aproveita ao máximo o tempo que botes ahí (aínda que o máis seguro é que volvas moitas veces nos próximos catro anos, non?).
Veña, falamos noutra próxima conexión (que xa puxen a páxina en marcadores para non esquecerme dela).
Moitos bicos e desfruta
moitas grazas ás dúas!! Non vos preocupedes, que isto non me vai cambiar!!xD
Isto está moi moi ben... Maña amplio!
Moito nome da porta ou fardar de estar no mesmo pasillo que un Nobel, pero eu levo 5 días levantándome ás 2 da tarde, sobando o sofá toda a tarde e gastando pista pola noite, así que non me das envidia ningunha xD
PD: O sitio debe de ser ben feo, porque puxeches unha foto na que non se ve nada :P
PD2: ¿Chegas tan puntual como aquí? xxD
Esa incomprensible foto que pos de entrada despois de ser analizada con métodos propios de CSI_Cacheiras resulta ser a cara do edificio 38 que mira para o macizo do Jura que se ve ao fondo.
Fai a foto de día e sustitúea.
Un que xa estivo aí antes.
Que nivel rapaz ;-)
O teu si que e un bo comezo, pero sempre recorda de onde ves e non cambies. Aqui de vacacions tampouco se esta tan mal, sobre todo agora que acabo de chegar da plaia ;-P
Eu so che pido unha cousa...fotos, moitas fotos!
Un bicazo
- Alex, es un cachondo!!! Pero tiñas que ver o que chaman "a colmea"... está por montar toda, pero van ser máis de 1000 cpu's nunha sala como un aula das da ampliación... (agora mesmo o tipo está coa cara desencaixada sufrindo unha especie de orgasmo...)
- Bea: graciñas por acordarte de min (por duplicado!!!:-D) pero tranki, eu digo como Zapatero: El "poder" no me va a cambiar...xDDD
- E para ese "anónimo monchiño" pois mira o seguinte post!!!
Me encantaron esas fotos turisticas de Suiza. Yo también estoy muy interesado en las "macizas y macizos" del Jurásico helvético. Realmente tiene que ser apasionante tu trabajo en el CERN, con bolsitas de compra de un lado a otro, con un pedazo de habitación que parece el Ritz,y por favor, como los de Operación Triunfo, repitiendo, ¡tranquilos no voy a cambiar nunca¡
Ahora en serio. Me se cae la baba, nos se nos cae la baba, y sentimos un orgullo muy especial al saber que "un rapas tan noviño" al que vimos crecer, él solito, con dos cojones, se dedica a la investigación y el estudio ( en su tiempo de vacaciones)-que ya es ganas de joder- de temas que yo necesitaría siete vidas si viviera, para empezar a empezar a entender. Seguimos con interés tus andanzas.Noraboa. Eres un crack.
Me permitirás que me exprese en castellano, que a mi el gallego no se me da tan bien como a ti.
Sigo orgullosisisisima. Además se te ve contento, lo cual me alegra.
Me parece fatal que te quejes de ese pequeño paseillo cargado con bolsas, vamos a tener que repetir el camino para que vuelvas a la práctica.
Y por último, por hoy, cómo un baño tan grande no tiene ducha???? no me lo explico.
un beso muy fuerte y trabaja mucho.
Moitas grazas ao Fuxon e a Montse!
- A ti, fuxon, xa te tenho mais localizado do que pensas... hehehe O de non ponher enhes ademais de por amolarte debese a que este teclado non as ten! Pero mira, venme ao pelo... Fixeno eu tamen "cun pouco de mala leite". En serio agora, que moitas moitas grazas polas palabras e que dan forza para continuar pasando calor eiqui (ao modo alarican) en pleno Xullo!
- Montse Inma (q raro se me fai!) pois eu tamen estou contentisimo de que escribas e perdas tempo en ler as paridas que escribo!xDD Espero que che foran ben os exames (desa super-lista que tinhas) e o das bolsas... Home, ten en conta que no Caminho non me podia queixar porque habia que "figurar" tan ben acompanhado como ia!:p
Bisous!
Seguimos de turismo en Suiza. Mas y mas fotitos turisticas. ¿Cuando te vas a poner a estudiar y aprovechar el tiempo ? ¡Vaya morro tienes chavalín ¡ Y como sabes que el de la calle Villar y la Picholeira no tienen internet no se enteran de la movida ¡ Tranqui que se lo voy a soplar ¡ Te va a caer el pelo. Y además tabletita de chocolate suizo. Ya solo te falta pillar una de campurrianas e darlle a fartar. De casta le viene al galgo. ¡Tu sigue por ese camino¡ Por cierto le doy y doy a tu perfil y siempre sale tu careto de frente.Ya me lo explicarás. A loita continúa.
Bien, bien, o nivel segue alto...
Para que todos vexades que a min o de puteante, claramente venme de familia...!
E das campurrianas... se ti soubeses...eses peazos xeados de champion dicindo: "comprame, estou moi rico, total...ninguen se vai enteirar..." (todo isto en frances porque os xeados do champion non falan galego, evidentemente). Así que concordo, venceremos, hasta la victoria siempre!
hola!!!
k tal? espero que este todo bien por Suiza, es muy bonito XD
Tu padre es muy simpatico y buen profesor y tu primo Ricardo tambien... te partes de la risa con ellos XD
bueno... disfruta de suiza y de esa familia tan loka k tienes jejeje
besos de galicia!!!
weenoo m pasaba x akíi na máss..no m conoces ni io a ti tampoco pero m pareció bstnt intrsante lo q escribiste y mi pregunta es, si no es muxo preguntar, q edad tienes?
tienes un buen futuro xiko, suiza mola, aunq no he estado en ginebra, pero si en zürich, la capi es impresionante y el viaje en barco merece la pena
;) un beso y suerteeee :)
Publicar un comentario