Comezo da forma máis natural que se me ocorre:
Perdón!!!
Teño esto algo abandoado pero non foi porque non me acorde da xente de aí... É por traballo!! Desde que volveu o meu supervisor (Jose, que xa foi hai 2 semanas, xustamente o derradeiro día que metín algo no blog!) estou que non paro... Ademais estou contento porque vexo que produzo, e que fago cousas necesarias para o experimento (saco números que valen, vamos).
Por certo, que puxen o logo de LCHb aí a man dereita. A explicación da súa forma é que no experimento estudamos a violación da simetría CP (conxugación de carga + paridade). Evidentemente nós ocupámonos de sistemas de partículas, pero a simetría, como tal, e aplicábel a moitos outros campos da Natureza. Por exemplo, a letras de cores. Así, a transformación CP consistiría en intercambiar as cores (onde estaba azul pasa a branco e viceversa, C) e refrexalas tal e como se vería ante un espello (P). As letras LHCb de abaixo son as transformadas CP das de arriba (e viceversa)! Para partículas a simetría esencialmente implica que o sistema non muda ante unha transformación de tipo CP (tras aplica-la transformación vólveche queda-lo mesmo). Se o sistema está baixo o efecto dunha interacción, diremos que esta viola ou non a simetría. Por exemplo,
a interacción feble viola paridade, como se demostrou no famoso experimento de Mme. Wu. Ata que punto e como viola CP é que se vai investigar aquí.
Paso as fotitos, que ao final é o que máis mola!xD O día 21 había
no sitio de Prevessin (en contraposicion ao de Meyrin, que e onde estou eu) o
festival de música "hardronica" . E unha coña entre
hadrons e música "hard". Outro día poño algunha das xoias frikis que tocaron (a cousa merece post a parte), pero resumirei dicindo que había un esceario, postos de comida, etc... Fun sen ter moita idea e non e que houbera un gran ambiente, pero paseino ben. Estiven xogando ao futbol, de charla... Este e un belga co que estiven falando:

Logo, o martes, fun a CMS (Compact Muon Solenoid). O certo é que a orde das miñas visitas aos detectores foi a perfecta. Comecei polo mais cativo (LHCb, o meu) e logo CMS e Atlas (falo del máis abaixo). Deste xeito conseguín irme quedando acojonado tódalas veces (se chego a comezar por Atlas logo os outros non os tería valorado nada).

CMS é un detector complementario a Atlas (no senso que buscan as mesmas cousas). É o mais grande xunto con este. Ademais é o mais pesado de todos, case tanto como a torre Eiffel! Isto e porque teñen uns peazo imans. E para os visitantes ten (aínda) unha peculiaridade que o fai especialmente atractivo: está en boa parte fóra, aínda o estan a meter na caverna. Iso permite velo moi moi de pretiño, sen andamios polo medio e facer unhas fotos bastante chulas. O motivo de que o foran baixando por anaquiños en lugar de montalo todo abaixo é que a caverna tardou bastante en estar lista. Distribuírono en anacos cilíndricos que van enganchando un tras outro. Pero moitos ainda estan fóra. Este é un deles (un dos estremos):

Ademais o poder ver todo tan in situ deixa apreza-los detalles. Por exemplo, a electrónica:

Esta foto está ben porque vese ven a estrutura en
slices que vos comentaba antes (ademais de demostrar que realmente estiven alí!!).

Logo tamén baixamos, ainda que non había tanto tanto que ver. Teñen todo moi protexido (está en obras), pero si me conseguín escaquear para facer un pequeno vídeo. É xusto a parte central do detector (onde se producen as colisións) e aínda que non é moita marabilla o que me molou foi que se poden oír os ruídos que había, escóitase o traballo...
8 comentarios:
Muito bem tuda a informaçao sob os "lliferenches" detectores, mais tenho uma questao: estas no CERN para ficar "sopa" nas lectures?
Menos samba e mais trabalhar, menos sambas e mais trabalhar, que menos sambas e mais trabalhar, e que menos sambas e mais trabalhar ...
Ola, son estudante do INSA de Lyon (Francia) - gran escola de enxeñeiros para maior precisión. Mólame o fío condutor do blogue xa que é a primeira páxina semi-científica que vexo en galego íntegramente e por suposto empregando coma lingua vehicular o galego.
Parabéns polo blogue, de verdade, resulta interesante.
quixera saber unha cousa.....tes pensado falar sobre o historico dia 10 de setembro deste ano????
xa que tan preto estas....digo eu,non? ten que ser emocionante poder estar ali...que sorteee!!!!!!
agora non hai moito para ver, non? digo, porque o mais interesante esta a 271 graos baixo cero. en fin...mola mogollon este blog sigue asiiii
Ola e moitas grazas aos dous. Si que me gustaría nas próximas semanas retomar o blogue (ou quizais un proxecto similar pero máis colectivo) aproveitando a vantaxe que teño pasando tanto tempo no Cern.. Polo visto na prensa estas derradeiras semanas hai moito que desmitificar e explicar ao respecto!
ola son o segundo anonimo(o anterior vamos...XD) soamente quiexera dicir que......BEEEEEENNNN!!!!!!!!!
bitdefender standard edition crack
bigjig crack
rise of the elves crack
6.1 keygen.rar quark xpress
brickshooter 3.0 crack
auto cad 2000 keygen
dtsearch crack
fallout 2 download warez
1.0 k keygen lite pro
crack for windows xp home edition
swish2.0 crack
windows activation keygen
combustion 4 crack
civilization conquests crack 1.22
recovering from crack
kaspersky anti virus personal keygen
norton internet security download warez
system cleaner crack code
total commander keygen 6.50
adobe photoshop elements 4.0 keygen
simplecopier crack
office 2004 for mac test drive crack
moviesalsa crack
sothink glanda 2004 crack
netchat crack
Bravo, what necessary phrase..., a remarkable idea
In my opinion you commit an error. I can prove it. Write to me in PM, we will discuss.
Publicar un comentario