8/04/2007

Tocho - Post

Comezo da forma máis natural que se me ocorre: Perdón!!!
Teño esto algo abandoado pero non foi porque non me acorde da xente de aí... É por traballo!! Desde que volveu o meu supervisor (Jose, que xa foi hai 2 semanas, xustamente o derradeiro día que metín algo no blog!) estou que non paro... Ademais estou contento porque vexo que produzo, e que fago cousas necesarias para o experimento (saco números que valen, vamos).

Por certo, que puxen o logo de LCHb aí a man dereita. A explicación da súa forma é que no experimento estudamos a violación da simetría CP (conxugación de carga + paridade). Evidentemente nós ocupámonos de sistemas de partículas, pero a simetría, como tal, e aplicábel a moitos outros campos da Natureza. Por exemplo, a letras de cores. Así, a transformación CP consistiría en intercambiar as cores (onde estaba azul pasa a branco e viceversa, C) e refrexalas tal e como se vería ante un espello (P). As letras LHCb de abaixo son as transformadas CP das de arriba (e viceversa)! Para partículas a simetría esencialmente implica que o sistema non muda ante unha transformación de tipo CP (tras aplica-la transformación vólveche queda-lo mesmo). Se o sistema está baixo o efecto dunha interacción, diremos que esta viola ou non a simetría. Por exemplo, a interacción feble viola paridade, como se demostrou no famoso experimento de Mme. Wu. Ata que punto e como viola CP é que se vai investigar aquí.

Paso as fotitos, que ao final é o que máis mola!xD O día 21 había no sitio de Prevessin (en contraposicion ao de Meyrin, que e onde estou eu) o festival de música "hardronica" . E unha coña entre hadrons e música "hard". Outro día poño algunha das xoias frikis que tocaron (a cousa merece post a parte), pero resumirei dicindo que había un esceario, postos de comida, etc... Fun sen ter moita idea e non e que houbera un gran ambiente, pero paseino ben. Estiven xogando ao futbol, de charla... Este e un belga co que estiven falando:


Logo, o martes, fun a CMS (Compact Muon Solenoid). O certo é que a orde das miñas visitas aos detectores foi a perfecta. Comecei polo mais cativo (LHCb, o meu) e logo CMS e Atlas (falo del máis abaixo). Deste xeito conseguín irme quedando acojonado tódalas veces (se chego a comezar por Atlas logo os outros non os tería valorado nada).

CMS é un detector complementario a Atlas (no senso que buscan as mesmas cousas). É o mais grande xunto con este. Ademais é o mais pesado de todos, case tanto como a torre Eiffel! Isto e porque teñen uns peazo imans. E para os visitantes ten (aínda) unha peculiaridade que o fai especialmente atractivo: está en boa parte fóra, aínda o estan a meter na caverna. Iso permite velo moi moi de pretiño, sen andamios polo medio e facer unhas fotos bastante chulas. O motivo de que o foran baixando por anaquiños en lugar de montalo todo abaixo é que a caverna tardou bastante en estar lista. Distribuírono en anacos cilíndricos que van enganchando un tras outro. Pero moitos ainda estan fóra. Este é un deles (un dos estremos):

Ademais o poder ver todo tan in situ deixa apreza-los detalles. Por exemplo, a electrónica:


Esta foto está ben porque vese ven a estrutura en slices que vos comentaba antes (ademais de demostrar que realmente estiven alí!!).


Logo tamén baixamos, ainda que non había tanto tanto que ver. Teñen todo moi protexido (está en obras), pero si me conseguín escaquear para facer un pequeno vídeo. É xusto a parte central do detector (onde se producen as colisións) e aínda que non é moita marabilla o que me molou foi que se poden oír os ruídos que había, escóitase o traballo...



O venres desa semana fomos de visita a ISOLDE. E un subexperimento do CERN de física nuclear (bah!xD). Está fóra da estrutura principal do LHC (obtén partículas directamente do PS) e de feito cando nós o visitamos estaba funcionando normalmente (parece que está en pleno funcionamento desde 2003, é que na charla de presentación, que tivo lugar un xoves as 4, loxicamente quedeime sopa). O que me molou e que aquí todo é en pequena escala, e os tubos por onde van as partículas aceleradas están directamente na superficie:


Tiñan todo organizado en pequenas visitas de 5 min e íannos rotando. En cada sitio explicabannos brevemente cada experimento. Desta vez non me quedei sopa, pero porque tiña que estar de pé!!


Aquí, os detectores son pouca cousa en tamaño, pero bonitos tamén! Este tiña tódolos espectrómetros preparados para xirar ao redor do punto de colisión:

E finalmente, o martes pasado fun a Atlas. Tiñamos un guía e non quedei moi contento co tipo. Neste caso todo o interesante estaba abaixo e o tipo tívonos 1 h fóra e só 20 min onde estaba o detector... Ademais habia que ir detrás del todo o rato (nada de moverse un pouco) e se non lle atendías a explicación mirabate con mala cara! Total, que pese a ser o detector máis impresionante foi no que menos estiven e menos fotos quitei.

O símbolo que elixiron paréceme ben axeitado, porque todo da unha enorme impresión de forza, de inmesidade. A reflexion e paradoxo ao mesmo tempo é: incríbel que para detectar partículas tan tan minúsculas fagan falla perros bichos! A seguinte foto é a de un dos túneles por onde baixaron o detector (hai 2). Aínda que non o pareza, hai 100 m para abaixo. O outro non o puidemos ver porque estaban a empregalo.

E logo, abaixo. Cando cheguei e vin o tamaño estiven uns 30-40 s dicindo "ostias" sen parar... É tremendo! O malo e que só nos deixaron estar nun lado e non velo desde abaixo, e case non dou nin tempo de contemplalo. Esta é unha das poucas fotos que tirei:


E neste video eu diría que si se percibe ben o tamanho do aparello... A altura e aproximadamente a dun edificio de 3/4 plantas.



E logo o mércores pola noite funme de cea a Xenebra. Creo que non contara que aquí hai outros dous compañeiros da USC. Son estudantes de doutorado, que estan aquí traballando durante uns días no verán. Xa fora con eles a semana anterior por aí (para celebrar o Día de Galiza), e como un deles marchaba o xoves fomos despedirnos. Coincidíu ademais que era o día nacional de Suiza, e había fogos e ambiente festivo. E aínda enriba en Xenebra son festas locais, asi que na zona do lago había moito moito ambiente!


Tomamos unha fondue nun sitio que parecía bastante tradicional... Estaba boa, pero non podo comparar porque non teño comido tantas antes! Iso si, queixo comemos, ainda que para min iso non sexa un gran problema... Estes somos os tres, xa de lado do lago. De esquerda a dereita Diego, Jose Luis (alias Lucas) et moi. O meu careto débese a que a cámara tíñaa agarrada eu e non din feito!


E xa para rematar, duas presentacions máis! Eu aqui lévome bastante con Plamen (co que mellor me levo aqui). E un summer student búlgaro que tamén traballa en LHCb e ten o despacho ao lado do meu. Nas conferencias sempre nos sentamos ao lado e imos xuntos á piscina, xogar ao futbol...

O seguinte tipo non o coñezo nin nada... É tamén Summer Student pero nunca falei con el nin nada! Pero véxoo nas lectures e escarallome de risa... Non me fastidiedes que non é exactamente igual que Xesucristo!!